Accidente de tren en Lalín deixa varios vagóns @descarrilado e ao maquinista atrapado

En sinistro tivo lugar na mañá do martes na contorna onde se cruza a vía de alta velocidade da AVE coa vía convencional.


|

Un tren de mercadorías descarrilou esta mañá na vía convencional que pasa pola Xesta, preto de Lalín. 

 

Por agora, non hai noticias de feridos graves, segundo a edición local de Faro,  aínda que o suceso acaba de producir. Dz Dixital indica que ao maquinista tivérono que liberar os bombeiros.

 

Tren descarrilado en Lalu00edn en una foto de DZdixital
Tren @descarrilado en Lalín nunha foto de DZdixital

 

Varios vagóns e a locomotora saíron dos raíles cando pasaban uns minutos do nove da mañá. As causas aínda non se coñecen, pero podería ter con algún obstáculo na vía.

 

 

Segundo informa o periódico local DZ Dixital, o convoi afectado é unhas mercadorías que cubría a ruta entre Santiago-Ourense, que descarrilou preto do quilómetro sete da PO-902. Este medio indica que os Bombeiros do Deza tiveron que rescatar ao maquinista, atrapado na maquina, que sufriu un importante impacto. A CRTVG apunta a que o traballador non sufriu feridas importantes a pesar do espectacular das imaxes da cabina, cuxa parte esquerda aparece completamente esmagada contra un muro de formigón.

 

Hai que ter en conta que a comarca de Ou Deza soportou, como case toda Galicia, unha sucesión de temporais a pasada semana. As fortes choivas crearon desprendementos que provocaron o corte de estradas. De feito, o sinistro é o segundo nunha vía ferroviaria a comarca nos últimos días.

 

ATRASOS EN TRENS?

Por agora Renfe non informou de ningún atraso noutros trens. Hai que lembrar que o accidente sucedeu na vía convencional, polo que en principio non debería afectar as conexións de alta velocidade (Alvia, etc.). Agora ben, entre Santiago - Ourense tamén circulan habitualmente cada día catro rexionais que usan a vía convencional. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE