O golpe dunha vaca nunha granxa deixa ferido de gravidade a un neno no Couto, Santa Comba

Un menor necesitou este xoves asistencia sanitaria tras recibir un golpe por parte dunha vaca nunha explotación gandeira do Couto, en Santa Comba.


|

Os feitos sucederon esta tarde, ao redor das 17:30 horas, nunha expoltación gandeira na parroquia de Alón, en Santa Comba.

 

O pequeno presentaba feridas de gravidade polo golpe do animal e foi trasladado en helicóptero a Santiago.

 

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago.
Foto: EP

 

Un menor necesitou este xoves asistencia sanitaria tras recibir un golpe por parte dunha vaca nunha explotación gandeira do Couto, en Santa Comba.

Debido á gravidade das feridas sufridas polo neno, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago para atendelo.

Os feitos sucederon na parroquia de Alón, ao fío das 17,30 horas. Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE