Incautado case medio centenar quilos de navalla e unha embarcación en Porto do Son nunha operación de furtivismo

O Servizo de Protección da Natureza de Noia e o Servizo de Gardacostas da Xunta incautaron case medio centenar de quilos de navallas nunha operación de furtivismo.


|

Capachos de navalla incautados na operación
Capachos de navalla incautados na operación

O Servizo de Protección da Natureza de Noia xunto ao Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia incautou un total de 46,2 quilos de navalla e unha embarcación no porto de Porto do Son.
 

Os axentes detectaron a embarcación no marco dun operativo contra o furtivismo cando esta atracaba no porto. Nese momento, unha persoa sacaba dúas capachos cargados de navalla e os introdudcía no maleteiro dun coche abandonado inmediatamente no lugar. Posteriormente atoparon o vehículo aparcado na zona exterior do porto e tentaron localizase o seu propietario sen conseguilo.

Mentres tanto, o Servizo de Gardacostas inspeccionaba a embarcación e entrevistábase co patrón, que nun principio manifestou que non sabía quen conducía o vehículo, aínda que acabou recoñecendo que fora el o que sacara o vehículo do porto.

No interior do maleteiro do vehículo atoparon os dous capachos con navalla, que unha vez levados á Lonxa determinouse que pesaban 46,2 quilogramos. Procedeuse, por tanto, á incautación da mercadoría, que foi devolta ao mar. Os axentes incautaron tamén da embarcación, que quedou precintada e inmobilizada no porto de Porto do Son, coa prohibición expresa de realizar actividades de pesca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE