A Xunta insiste en que reducir a duración das baixas dos funcioanrios
A Consellería de Sanidade porá en marcha un programa de inspección e seguimento das incapacidades temporais do persoal público co obxectivo de acurtar ao máximo a duración das baixas laborais na función pública galega. A medida, publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (#DOG), busca unha xestión máis eficiente dos procesos de incapacidade entre os empregados adscritos ao mutualismo administrativo, como Muface ou Mugeju.
Durante a presentación do plan, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, precisou que en Galicia non existe un problema elevado de incidencia —é dicir, do número total de baixas—, pero si unha “prevalencia significativa” na duración media das mesmas. “Non se trata de que haxa demasiadas baixas, senón de que estas duran máis do desexable”, explicou o responsable sanitario. A folla de ruta do departamento pasa por intensificar o control médico e administrativo para determinar con precisión cando un traballador debe ou non continuar en situación de incapacidade.
Unha medida con vixencia de catro anos
O acordo establece que a encomenda de xestión a Sanidade terá unha duración inicial de catro anos, prorrogable por períodos anuais tras acordo das partes. Entrará en vigor desde a data da súa firma, aínda que as actuacións se aplicarán con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro deste ano, tal como recolle o DOG. Fontes da Xunta apuntan que esta coordinación entre consellerías permitirá unificar criterios e mellorar a eficiencia do gasto público en materia de absentismo laboral.
Neste sentido, o conselleiro lembrou que a inspección sanitaria non busca castigar aos empregados, senón garantir que quen o necesiten reciban a atención axeitada e que os recursos públicos xestiónense de forma responsable. As inspeccións, segundo indican fontes da área, contarán con equipos técnicos especializados e protocolos comúns para todas as consellerías implicadas.
A iniciativa chega nun momento en que varias comunidades autónomas están a revisar os sistemas de control das baixas laborais dos seus empregados públicos, tras detectar un incremento na duración media das incapacidades temporais desde a pandemia. Nos últimos meses, sindicatos como a CIG e CSIF advertiron que, aínda que o control médico é necesario, a administración debe garantir que non se poñan en dúbida os dereitos laborais nin se xere presión sobre os traballadores enfermos. Polo momento, ningunha organización sindical pronunciouse oficialmente sobre o novo programa galego.
O propio Gómez Caamaño, que asumiu a carteira de Sanidade en 2024, insistiu noutras ocasións na importancia de mellorar a eficiencia do sistema sanitario galego e reforzar os mecanismos de supervisión interna sen menoscabar o benestar do persoal público. Con esta medida, a Xunta pretende equilibrar o control do gasto e o respecto aos dereitos laborais no sector público.
Escribe o teu comentario