Reciben o alta todos os afectados polo brote gastrointestinal do IES Elviña da Coruña

Unha tortilla en mal estado provocou a indisposición de medio centenar de persoas. 


|

G IEO 4WEAAbwuZ
Foto: @g24noticias

 

Todas as persoas ingresadas polo brote gastrointestinal rexistrado no IES de Elviña, na Coruña, provocado pola inxesta de tortilla, foron dadas de alta.
 


Así o informa a Consellería de Sanidade no seu último parte despois de que en informacións anteriores cifrase en 68 as persoas afectadas, con catro ingresados.

A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso o pasado luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro, que non ten comedor.
 


A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permaneceu pechada desde que se tivo constancia do sucedido en relación a este brote.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE