Avances "mínimos" da Consellería de Sanidade non desconvocan a folga en Atención Primaria

Ambas as partes reuníronse este luns e quedaron emprazadas para o venres, pero de momento os sindicatos ven "insuficientes" as medidas.


|

Archivo - Edificio de la Consellería de Sanidade y Servizo Galego de Saúde (Sergas), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
Foto: EP


Os sindicatos CIG-Saúde, CSIF, CCOO e UXT informaron de que, polo momento, manteñen a folga en Atención Primaria prevista para a próxima semana ante os avances "mínimos" ofrecidos pola Consellería de Sanidade.

O comité de folga representado polas citadas centrais sindicais reuniuse con representantes do Sergas este luns, que lles presentaron unha nova proposta que segue sen satisfacer as esixencias das organizacións.

"A administración vende como avance o que non é máis que un movemento mínimo e insuficiente, mentres evita afrontar os puntos centrais que provocaron a folga", alegan os sindicatos nun comunicado.

Consideran que a proposta sobre as prazas de FEAP segue sendo "inaceptable", posto que non aseguran a retirada da categoría nin a reconversión das prazas actuais.
 


Avanzan algunhas das propostas, como a consolidación do transporte para a atención domiciliaria, a retribución ao persoal da PAC que realiza prolongacións de xornada en atención ordinaria en función do modelo de prolongación realizada, a redución do tramo incentivado de xornada complementaria de 160 a 140 horas na PAC, a equiparación do valor da xornada complementaria dos enfermeiros de PAC co dos enfermeiros de atención ordinaria, e o incremento do complemento de manutención da PAC.
 


Con todo, consideran que estas medidas son "insuficientes", dado que os puntos crave que levaron á convocatoria de folga "seguen sen unha proposta encima da mesa". "O Sergas limítase a falar de prazos e estudos, atrasando deliberadamente solucións urxentes", lamentan.

Por iso, e aínda cunha próxima reunión xa á vista prevista para o venres 21 de novembro e que se centrará na xornada da PAC, advirten que non aceptarán "máis trampas".
 

Sanitarios
Sanitarios


"O debate debe ser sobre os criterios de cómputo da xornada e non sobre como obrigar aos traballadores a perder horas ou regalar tempo de traballo. Non imos permitir que se nos rouben dereitos nin tempo de vida", conclúen.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE