A neutralidade ideolóxica que propón a Xunta empuxa ao profesorado a falar de "censura" e valorar protestas
A CIG, que convoca mobilizacións para o día 25, non descarta empezar o próximo curso con protestas nin levar á xustiza as instrucións de "neutralidade ideolóxica".
A CIG-Ensino chama a todo o profesorado galego a prticipar nunha concentración o vindeiro mércores 25 de xuño, ás 12.00 do mediodía, ante a sede da Xunta en San Caetano, en Santiago, para protestar contra os "recortes" de dereitos laborais e a "censura" co documento que recolle instrucións de "neutralidade ideolóxica" nos centros.
Trátase da campaña reivindicativa 'Rectificar, recuperar, recoñecer', coa que o sindicato maioritario na educación pública galega pretende concluír o curso sen descartar que continúe en setembro se a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades "non rectifica".
Así o explicaron nunha rolda de prensa este mércores a nova secretaria nacional de CIG-Ensino, Laura Arroxo, acompañada de Diego Boquete e Marta Ferreiro.
En primeiro lugar, o sindicato nacionalista esixe á Xunta "que rectifique" para "devolver o que roubaron" aos profesores desde 2009 en materia de dereitos laborais. Entre as principais demandas está a recuperación do horario lectivo anterior a 2011, cando o goberno de Alberto Núñez Feijóo elevou as horas de clase de 18 a 21 en ESO e Bacharelato, e de 21 a 25 en Infantil e Primaria.
Aínda que o acordo alcanzado entre a Xunta e os outros tres sindicatos educativos máis representativos (#CCOO, ANPE e UXT) en outubro de 2023 contemplaba unha redución do horario, que se empezou a aplicar xa en setembro de 2024, segue sen chegar ao que había antes de 2011. A CIG cre que o Goberno galego estaba "a utilizar en plena precampaña electoral" --os comicios celebráronse en febreiro de 2024-- este documento que "hipoteca" o futuro do profesorado e é "totalmente suficiente".
Sobre este mesmo acordo, a principal organización sindical recoñece que os mestres de Infantil e Primaria foi "o único corpo que saíu un pouco beneficio", pero isto foi "insuficiente proque non veu acompañado dun reforzo" no número de efectivos e porque "nin sequera se cumpre" noutros aspectos como a baixada de cocientes e a atención a nenos con necesidades educativas.
"PRIVATIZACIÓN" NA FP
Arroxo tamén criticou o novo decreto de FP anunciado pola Xunta o luns, que recolle a figura do profesor asociado, porque o que fai é "incidir nos defectos" destes ensinos: "Privatización e burocratización".
"Coma se o profesorado de FP sobráselle", denunciou a responsable de CIG-Ensino, quen advertiu que estes docentes chegados de empresas "non teñen a titulación nin formación pedagóxica".
Así mesmo, Arroxo afeou á Consellería a súa forma de proceder co calendario escolar, que foi "totalmente imposto", a pesar de que había un "apoio unánime da comunidade educativa" de atrasar o inicio de curso ao día 10 de setembro. E é que, ao empezar o luns 8 de setembro, só hai unha semana de marxe, desde o día 1, para elaborar programacións e outros preparativos.
"UN CONTROL E UNHA CENSURA"
Outro dos principais motivos que leva á CIG a promover estas mobilizacións son as polémicas instrucións de comezo de curso, que inclúen pautas para, segundo palabras do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, garantir a "neutralidade ideolóxica" nas aulas.
Arroxo volveu a denunciar a "falta de negociación" deste documento que se presentou a outros membros da comunidade educativa, pero non ás organizacións sindicais. Ademais, considera que o que pretende a Xunta é "un control e unha censura" por parte da Consellería coas actividades complementarias, á marxe das programacións.
Preguntada sobre si este asunto podería acabar nos tribunais, a secretaria nacional ha recoñecido que é unha posibilidade, pero que van esperar a ver o documento e a súa aplicación, posto que a propia lei educativa xa garante esa "neutralidade ideolóxica".
Arroxo explicou que, se estas instrucións "supoñen algunha censura ao profesorado" ou "van máis aló da lei", irán á xustiza con elas.
Escribe o teu comentario