A Xustiza filipina nega a liberdade baixo fianza aos policías que presuntamente asasinaron a Diego Bello

A xuíza considera que existen probas suficientes para denegar a petición dos axentes acusados de ser responsables da morte do coruñés.


|

Xustiza diego bello
Xustiza para Diego Bello

 

O xuízo polo presunto asasinato do coruñés Diego Bello a mans dos policías Vicente Panuelos, Ronel Azarcón e Niño Boy Esmeralda avanza aínda que pasen xa máis de cinco anos desde aquel infausto 7 de xaneiro no que o mozo de 32 anos foi tiroteado no seu negocio por causas que aínda está a investigar a Xustiza filipina. Agora, os xuíces pronunciáronse sobre os acusados, aos que negaron a liberdade baixo fianza.

 

 

"UNHA EXECUCIÓN EXTRAXUDICIAL"

Os tres axentes da Policía Nacional enfróntase a cargos por asasinato e por ocultar e falsificar probas. As declaracións das testemuñas, as probas presentadas pola Fiscalía ou as reconstrucións que se realizaron na escena son claves para clarificar quñe sucedeu aquela noite en Siragao, ademais dos exames balísticos, que poderían probar que en ningún caso houbo un enfrontamento armado, como defendían os oficiais, que si admitiron estar na escena do crímen. 


"Además, o informe forense indica que Diego Bello Lafuente foi alcanzado por disparos mentres xa se atopaba no solo, o que reforza a teorı́a de unha ejecución extraxudicial", subliña a familia da vítima nunha nota facilitada a Galiciapess. 

 

 

Nesa liña, sosteñen que o tribunal entende que as probas presentadas pola Fiscalía son os suficientemente contundentes como para negar a petición de liberdade baixo fianza para os acusados, tal e como constatou a xuíza Mary Jean Cajandab Ong, amparada na propia Constitución de Filipinas.

 

UN IMPORTANTE PRECEDENTE NA XUSTIZA FILIPINA

“O Informe de Investigación elaborado polo NBI, apoiado por probas documentais, testemuñais e forenses, demostrou que a morte de Lafuente non foi consecuencia dun enfrontamento armado (…). Existen factores relevantes que refutan convincentemente a teoría dun "enfrontamento armado", tal como preséntase no Informe de Investigación do NBI, o cal merece credibilidade, xa que se baseou na investigación colectiva da PNP-SOCO e a PDEA, entre outros”, argumentan no documento, onde tamén especifican que os policías "conspiraron" para ocultar o crime. 
 

 

A próxima data do xuízo é o 23 de xullo e a decisión sobre a liberdade condicional "marca un precedente na loita contra as execucións extraxudiciais e a manipulació n de probas dentro das forzas da orde, reforzando o compromiso do sistema xudicial filipino coa xustiza e os dereitos humanos", nun momento especialmente sensible no país despois de que o exmandatario Rodrigo Duterte sexa acusado de crimes de lesa humanidade.
 

"A familia de Diego Bello expresa a súa satisfacción polo avance xudicial, considerándolo un paso crucial na búsqueda de xustiza. Con todo, manteñen unha actitude cautelosa e prudente, conscientes de que o proceso aún non concluíu e que a sentenza definitiva será determinante para que se faga plena xustiza", resolven no comunicado.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE