Cinco focos de dous serotipos novos de lingua azul confirmados en vacas en Galicia
Trátase da primeira detección en Galicia de animais bovinos infectados polos serotipos 3 e 8 de lingua azul.
A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura a primeira detección en Galicia de animais bovinos infectados polos serotipos 3 e 8 de lingua azual, localizados en cinco focos nas catro provincias.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, en Galicia si estaba presente desde 2023 o serotipo 4 desta efermedad animal, aínda que agora o Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid) confirmou dúas serotipos máis.
Tendo en conta que no territorio peninsular xa non existe un programa xeral de erradicación fronte esta doenza, con vacinación obrigatoria, a Xunta recomenda a vacinación voluntaria dos bovinos e ovinos. Lembra que o Goberno galego mantén a gratuidade para o serotipo 4.
Ademais, lembra "o deber" dos gandeiros de comunicar aos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural "calquera sospeita da enfermidade que detecten nos seus animais".
Incide en que a lingua azul non afecto ás persoas, só aos rumiantes, que se contaxian a través da picadura dun insecto vector transmisor. Tampouco existe ningunha posibilidade de contaxio nin risco para as persoas polo consumo de produtos (carne ou leite) procedentes de animais afectados.
Así mesmo, recoméndase evitar nas instalacións gandeiras as zonas de cría dos insectos vectores (zonas húmidas con materia orgánica, terra ou estiércoles), do xénero 'Culicoides,spp', e a realización periódica de desinsectación de animais, instalacións e vehículos de transporte de gando.
Escribe o teu comentario