As causas que rodean á morte deste novo empresario coruñés a mans da policía filipina seguen sendo un absoluto misterio tres meses despois, xa que a versión oficial ofrecida polo Goberno de Rodrigo Duterte esperta moitos receles entre a familia e amigos de Diego Belo, que non desfallecen no seu empeño por esclarecer os motivos do asasinato do herculino.
A plataforma ‘Xustiza para Diego’ atende a Galiciapress para denunciar ao Goberno de Filipinas, ao que acusan de asasinar o surfeiro e empresario Diego Bello e esconder o seu falecemento baixo unha falsa operación contra o narcotráfico.
Amigos e coñecidos de Diego Belo Lafuente, o mozo coruñés ao que a Policía de Filipinas matou o mércores nun tiroteo no marco dunha operación antidroga, reclamaron "xustiza", descartando a vinculación do falecido coa venda de estupefacientes.