Lanzan unha solución para que as residencias non perdan luz e internet durante os apagamentos
A recente caída eléctrica que afectou a todo o país puxo de manifesto a vulnerabilidade das residencias de maiores en Galicia. A falta de respaldo ante cortes simultáneos de luz e conexión a internet deixou incomunicados a moitos centros, xerando polémica entre profesionais, sindicatos e administracións. Un innovador sistema de emerxencia chega ás residencias de maiores e centros médicos de Galicia tras o apagamento que paralizou España o 28 de abril. Desenvolvido por Serenae, e Comitas e-Health busca evitar que a falta de electricidade e conexión deixe incomunicados a estes centros en situacións críticas.
O apagamento do 28 de abril deixou en evidencia a fraxilidade das residencias galegas fronte á perda de electricidade e conexión a internet. Estes centros, fundamentais para o coidado dos maiores, quedaron sen acceso a ferramentas dixitais clave e sen posibilidade de realizar chamadas de auxilio, o que puxo en perigo a seguridade dos residentes e complicou a xestión diaria.
O sindicato CIG alzou a voz para denunciar a falta de preparación de moitas residencias ante emerxencias deste tipo. Segundo os seus representantes, houbo anciáns que tiveron que durmir no solo ou estuvieorn atrapados nas súas plantas. En opinión da central, a ausencia de plans efectivos agrava a vulnerabilidade dos maiores, e esixiron ás autoridades que actúen para equipar estes centros con sistemas que garantan a súa operatividade en crise.
A Xunta de Galicia, pola súa banda, defendeu que se están explorando mecanismos de resiliencia tecnolóxica para os centros asistenciais, e valorou positivamente novas iniciativas do sector privado que poidan complementar as infraestruturas públicas.
No medio deste debate, as empresas Serenae, especializada en comunicacións vía satélite, e Comitas e-Health, enfocada en telemedicina, lanzaron unha solución de respaldo que busca asegurar a conectividad mínima en residencias e centros médicos durante cortes eléctricos. Este sistema apóiase en tecnoloxía satelital e baterías de emerxencia para manter operativa a liña de emerxencias mesmo nas localizacións máis remotas.
A proposta diríxese principalmente ás residencias de maiores, aínda que tamén se deseñou para ser facilmente adaptable a pequenas e medianas empresas que operan en zonas rurais. O seu obxectivo é mitigar os efectos dos apagamentos e reducir a fenda dixital que afecta especialmente ás contornas menos conectadas.
De acordo ás compañías citadas., o sistema, que se integrará coa conexión satelital de Serenae, garante que até as residencias máis illadas manteñan un mínimo vital de conectividad, mesmo cando as redes tradicionais deixan de funcionar. As baterías ofrecidas pola empresa de telemedicina Comitas e-Health están deseñadas principalmente para garantir a conectividad crítica, mantendo operativa a liña de emerxencia, mesmo en lugares remotos.
Desde Comitas e-Health subliñan que esta iniciativa non só busca ofrecer unha resposta en momentos de crises, senón tamén evitar que eses momentos ocorran. A idea é #anticipar aos riscos e dotar aos centros de ferramentas para intervir con rapidez cando cada segundo pode marcar a diferenza.
Escribe o teu comentario