Xunta e Cruz Vermella celebran a apertura dun teléfono para atender casos de soidade non desexada
O teléfono dará servizo e realizará seguimento da situación destes casos en persoas maiores.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou o Centro de Atención á Soidade non desexada da Cruz Vermella na Coruña. Trátase dunha canle telefónica a través do cal se dará servizo e realizarase seguimento da situación destes casos en persoas maiores en Galicia. Así mesmo, farase un censo deles para facilitar os labores de Control.
"É un dos grandes males silenciosos do noso tempo", lamentou o titular do Goberno autonómico. Foi durante o acto no que estivo acompañado, entre outros, pola conselleira de Política Social, Fabiola García.
"Hai moitísimas persoas en Galicia de máis de 65 anos, máis de 170.000, en risco de vivir unha soidade non desexada", concretou. Engadiu, ademais, que para paliar esta situación "fan falta recursos económicos pero fai moita máis falta concienciarnos e ser unhas pouco persoas".
Na mesma liña, a presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Mercedes Casanova, explicou que o obxectivo desta iniciativa é "dar resposta a unha necesidade clara, real e palpable". "Nace como unha ponte que elimina barreiras, xestionando un multicanal que integra un sistema completo de seguimento e atención a quen demande axuda", expuxo.
Esta medida constará de catro puntos principais: a detección, a sensibilización, a prevención e a intervención. Así mesmo, instalaranse puntos de atención presencial para realizar un seguimento das pautas e os hábitos de vida de todas as persoas usuarias, para previr e atender situacións de soidade non desexada na comunidade.
Escribe o teu comentario