Protesta en Santiago de mutualistas contra o peche da oficina de Muface na capital galega
O día 4 de agosto pechará as súas portas o centro e obriga a moitos mutualistas a desprazar até A Coruña.
Esta mañá decenas de persoas concentráronse ás portas da oficina de Muface en Santiago de Compostela. Convocados pola CIG, que fixo un chamamento aos máis de 91.000 usuarios do servizo de Muface na comunidade galega, os mutualistas protestaron pola decisión de pechar o centro compostelán, co grave prexuízo que supón para todos os que eran atendidos nestas instalacións.
AFECADOS EN SANTIAGO E ARREDORES
Só en persoal docente son case 28.000 os usuarios en activo en Galicia e desde a CIG lembran que para algúns colectivos a condición de mutualista é "obrigatoria" con independencia do tipo de prestación sanitaria que escollan, aínda que nos últimos anos moitos funcionarios están a decantarse polo SERGAS.
"Muface xestiona, entre outras, a prestación por incapacidade temporal, a tramitación do cartón sanitario europea e a atención sanitaria no estranxeiro, así como prestacións e axudas sociosanitarias para as persoas mutualistas e as beneficiarias que dependan delas", detallan desde o sindicato, onde denuncian que o único argumento para apoiar o peche das oficinas santiaguesas é a fatal de persoal.
Así o explicitaron desde o Goberno de España despois de que as dúas prazas que saíron a concurso quedasen desertas, o que deixa a un só traballador na oficina, que principalmente se utiliza para o visado de receitas, un servizo que quedará nun segundo plano en canto entre en vigor a receita electrónica para quen teñan asistencia privada.
"CHANTAXE" DE ADESLAS E ASISA
"Durante a reunión o representante da CIG volveu insistir en que o desmantelamento da atención directa ás persoas mutualistas supón un exemplo máis da deterioración dos servizos públicos. Nun primeiro momento, a dixitalización implicou unha redución de postos de traballo, dado que son as propias persoas usuarias as que realizan todos os trámites. Con todo, a administración do Estado presenta graves carencia de persoal, o que, unido ao anterior, supón un empeoramento na calidade da asistencia que se presta á cidadanía, neste caso ás persoas mutualistas obrigatorias e ás súas beneficiarias", subliñan desde a CIG, que aproveitan para reprochar ás aseguradoras o "chanataje" ao que someteron ao Goberno durante o último concurso.
"A pesar deste incremento (millonario) a calidade asistencial non deixou de empeorar por parte destas dúas entidades privadas", reprende o sindicato, á vez que agrega que no caso de Compostela, e desde xaneiro de 2024, "non hai asistencia a partos nin para aseguradas de Adeslas nin de Asisa e durante uns meses este ano non se prestou o servizo de urxencias hospitalarias para as persoas adscritas á primeira".
"De manter esta decisión, implicará que as persoas mutualistas de Compostela só poderán resolver ou ben de forma telemática ou presencialmente desprazar ás oficinas da Coruña", insiste a CIG, que avoga por manter operativo o centro de Santiago.
Escribe o teu comentario