Hamas e Israel Inician o seu ocatvo intercambio de reféns e prisioneiros baixo un cesamento do fogo "moi tensionado"
Hamás liberou dous dos seis reféns previstos no acordo, mentres, desde Israel, fará o seu con máis 600 prisioneiros ao longo deste sábado
Nun contexto de crecente tensión, Hamas e Israel iniciaron un novo intercambio de reféns e prisioneiros como parte dun acordo alcanzado durante o cesamento do fogo. Este intercambio, que inclúe a liberación de varios reféns e prisioneiros, viuse marcado pola controversia e a dor tras un tráxico incidente no que dous nenos israelís, que debían ser liberados xunto á súa nai, foron entregados mortos.
Dous de seis
Hamas liberou de momento a dous reféns israelís, Tal Shoham e Avera Mengistu, na primeira fase deste intercambio, mentres que Israel comezou a liberación de 602 prisioneiros palestinos, algúns dos cales cumpren condenas de cadea perpetua.
A todo iso, desde Israel súmanselle os atentados nunha cocheira de autobuses este xoves en Tel Aviv, e o intensificado das operacións militares israelís en Cisxordania, o que fai prever que o camiño cara a unha resolución duradeira segue sendo un camiño arduo e con moitas trabas, tensión e incerteza.
Escribe o teu comentario