Con todo, persisten preocupacións sobre outros reféns, como os irmáns Bibas, de 2 e 5 anos, cuxo paradoiro segue sendo incerto. Hamás afirmara en novembro que foron asasinados nun ataque aéreo israelí, pero Israel non confirmou esta información
Israel, pola súa banda, e segundo afirma A Comisión de Prisioneiros Palestinos, difundiu unha lista dos 200 palestinos encarcerados que serán liberados ao longo deste sábado. Uns 120 serán conmutados da cadea perpetua