Agriden con arma branca a un vixiante de seguridade e a un enfermeiro tras un altercado no Hospital da Coruña

Na refrega cun paciente resultaron feridos estes dous profesionais do CHUAC. Colectivos denuncian que estes casos son cada vez máis habituais.


|

Una ambulancia frente al hospital CHUAC de A Coruña en una foto de EP
Unha ambulancia fronte ao hospital CHUAC da Coruña nunha foto de EP

 

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) foi este luns, cmo noutras ocasións, triste escenario dunha agresión a un sanitario e a un profesional da seguridade privada. Trátase do enésimo caso no que un paciente agride a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade, unha situación que se dá moi amenudo nos centros de saúde e hospitalarios de todo o país e que tanto plataformas como sindicatos, tanto do sector do medicamento como o da seguridade, veñen denunciando dun tempo para acó. 

 

Os dous afectados foron agredidos cunha arma branca. Así o precisaron desde o propio CHUAC, que indican que os feitos tiveron lugar esta mesma tarde por un paciente que fora trasladado á área de Urxencias polo 061.

 

Alí, e segundo o relato, o que ía ser tratado feriu o enfermeiro e ao garda. Afortunadamente, os dous damnificados atópanse fóra de perigo, a pesar de que no caso do enfermeiro as feridas foron no abdome e na cara, e recibiron a atención médica pertinente. 

 

O agresor permanece no hospital, aínda que nesta ocasión as autoridades policiais téñeno baixo custodia ata que sexa dado de alta, momento no que, presumiblemente, será detido e máis tarde posto a disposición xudicial.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE