Dúas borrascas consecutivas causa numerosas alertas por temporal en Galicia os próximos días

Tras un inicio de 2025 de relativamente bo tempo, xaneiro empeza a mostrar as súas garras, con dúas borrascas s que, entre o martes e o mércores, deixarán fortes ventos, choivas persistentes e un notable ascenso das temperaturas. Este martes Meteogalicia activou a alerta laranxa por vento e temporal marítimo en varios puntos da comunidade, con especial incidencia na costa e zonas de montaña. O mércores a situación empeorará.


|

Avisos de AEMET vigentes para el lunes
Avisos de AEMET vixentes para o mércores 

O martes, a chegada dunha borrasca situada entre os Azores e o noroeste peninsular provocará refachos de vento superiores a 80 km/h, que poderán alcanzar os 100 km/h en horas nocturnas, afectando especialmente ao litoral e as zonas altas do interior sur. Ademais, prevense precipitacións frecuentes e localmente intensas na metade occidental, xunto con ceos maiormente cubertos e posibilidade de néboas dispersas en áreas altas. As temperaturas mínimas permanecerán estables, mentres que as máximas subirán de forma moderada.

 

Meteogalicia declarou alerta laranxa por temporal marítimo entre Fisterra e Estaca de Bares. Alerta amarela por vento no resto da costa e nas montañas de Lugo e Ourense. AEMET, pola súa banda, declarou alerta amarela por vento na costa coruñesa, lucense e o interior de Pontevedra.

 

 

 

O mércores, choivas intensas e ventos case tempestuosos

A situación meteorolóxica complicarase aínda máis o mércores, cando unha nova borrasca ao oeste de Francia enviará unha fronte fría sobre Galicia. Segundo Meteogalicia, os refachos de vento superarán os 100 km/h na Mariña lucense, onde se activou a alerta laranxa. No resto do territorio, mantense a alerta amarela por choivas fortes e vento, con precipitacións máis persistentes e intensas na metade occidental, acompañadas ocasionalmente de saraiba e aparello eléctrico.

 

Está prevista alerta laranxa de Meteogalicia na Mariña por vento de até 100 quilómetros por hora. Alerta amarela por choivas fortes en curtos períodos no norte de Ourense e as provincias da Coruña e Pontevedra á primeira hora da mañá.

 

 

As temperaturas mínimas experimentarán un leve ascenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos. Os ceos continuarán maiormente cubertos, con probables néboas en zonas altas do interior. En canto ao vento, persistirá forte de compoñente suroeste, aumentando en intensidade durante as primeiras horas do día.

 

Unha tregua parcial o xoves

A partir do xoves, a comunidade galega comezará a notar unha lixeira mellora nas condicións meteorolóxicas. Aínda que persistirán os ceos nubrados e os chuvascos durante a mañá, as precipitacións tenderán a remitir pola tarde, dando paso a grandes claros. As temperaturas seguirán sendo suaves, sen variacións significativas entre o día e a noite, mentres o vento se manterá moderado de suroeste, con refachos fortes en zonas costeiras.

 

 

Os valores térmicos previstos para as principais cidades galegas destacan pola súa estabilidade. Na Coruña, por exemplo, rexistraranse mínimas de 14 ºC e máximas de 18 ºC; en Pontevedra, os termómetros oscilarán entre 13 ºC e 17 ºC. Lugo e Ourense manterán temperaturas algo máis frescas, aínda que igualmente suaves para a época do ano.

 

Para o xoves en Galicia xa non haberá alertas meteorolóxicas, polo menos por agora.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE