Policías nacionais reclamarán a Marlaska en Tui unha xubilación digna para os axentes

A protesta, "pacífica e sen armas", desenvolverase a partir das 10 horas con motivo da inauguración da a nove sede do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA).

 

 


|

Marlaska ministro
Foto: EP

 

Este xoves 9 de decembro terá lugar a inauguración da nove sede do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA) en Tui . Até alí desprazaranse a ministra de Administración Interna de Portugal, María Margarida Blasco, e o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, que terá que escoitar as protestas dos axentes da Policía Nacional que demandan unha serie de melloras no colectivo.
 

A partir das 10 HORAS

Desde o Sindicato Unificado de Policía (#SUP) levan meses demandando melloras na situación dos axentes para dotalos de melloras socio-laborais e, especialmente, "unha xubilación máis digna" para os axentes. Por iso, desde o sindicato anunciaron que se mobilizarán en Tui entre as 10 e as 12 para levar as súas reivindicacións ante o Ministro do Interior, onde celebrarán unha concentración "pacífica e sen armas".

 

 

Para "cumprir os compromisos", o SUP indica que debe executar "a declaración como profesion de risco desta vital labora para a sociedade e impulsando a lei que se atopa paralizada polo Goberno no Congreso, beneficiando a mesma a todo o colectivo".  

 

No acto tamén estarán presentes Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, e Sofía Hernanz, presidenta da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Seguridade do Estado (Siepse), entre outros. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE