Esixen a dimisión de Fabiola García pola súa política de non contratar máis persoal de enfermaría para residencias

Varios colectivos denuncian que a Consellería de Política Social está a beneficiar a empresas privadas coa súa xestión de residencias e centros de día


|

Archivo - Luz verde a una inversión regional de 3,4 millones para convertir las residencias de mayores en unidades de convivencia.
Arquivo -Residencias

 

 

 

Colectivos sociais e de enfermaría esixiron a dimisión da conselleira de Política Social, Fabiola García, por, segundo destacan nun escrito, favorecer a falta de contratación de persoal de enfermaría. Esta política da conselleira García estaría a beneficiar ás empresas privadas que xestionan residencias. 


Nun documento asinado por Traballadoras das Residencias Galegas (Trega)  Vellez Digna,  Movemento en Defensa do Sistema Público de Pensións e Servizos Sociais (MODEPEN), SLG e Vos Ninguéns, sinálase que co inicio da pandemia do ano 2020, o persoal de enfermaría das residencias privadas vese reducido polas necesidades do SERGAS. O motivo son os salarios son máis altos e que o tempo traballado por este persoal recoñécese como mérito para o acceso ás prazas convocadas por este organismo, entre outras cousas. 

 

En relación aos salarios de enfermaría en residencias, sinalan que o “V convenio colectivo do sector de residencias persoais de persoas de idade de Galicia”, a táboa salarial do persoal de enfermaría no ano 2024 inclúe: un salario mensual (14 pagas) de 1400,68 €, o complemento de domingos de 10,08 €, e o complemento de festivos especiais de 39,25 € .

 

Ante a negativa das entidades prestadoras de servizos sociais de incrementar os salarios do persoal de enfermaría e de respectar o tempo de descanso, "éntrase nunha situación onde este persoal prefire traballos temporais no SERGAS a continuar explotadas” nas residencias de maiores. 

 

Nas residencias onde, por normativa, os centros cun número igual ou superior a 40 prazas, "que até agora deberían contar con presenza física de enfermeira as 24 horas pasan a contar con catro, tres, dous, unha e mesmo ningunha". Desde a pandemia producida polo COVID-19 "vén sendo habitual o incumprimento do cociente de persoal de enfermaría, alegando por parte das entidades que non se atopa persoal con esta formación no mercado laboral". 

 

 

Ante isto, as organizacións asinantes do comunicado, aseguran que para as empresas prestadoras de servizo é máis económico pagar unha multa de 3001 €/ano (que se reduce a 1800 € por pronto pago) que "pagar 150.000 €/ano, no mellor dos casos, en 5 ou 6 salarios de persoal de enfermaría". Segundo os asinantes ao final isto quedará en 147.000 € de beneficio extra para a entidade infractora. "Esta situación, coñecida desde hai moitos anos, é irresponsablemente tolerada pola Xunta de Galicia". 

 

Tamén lembran que o venres 13 de decembro publicouse no DOG a Orde de 4 de decembro de 2024 da Consellería de Política Social, que modifica a Orde de 18 de abril de 1996 sobre requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores. Esta Orde, na práctica, "elimina a obrigación de ter persoal de enfermaría as 24 horas do día nas residencias de maiores, sexa cal for o seu tamaño, minguando aínda máis os raquíticas cocientes de persoal para atender ás persoas maiores dependentes, posto que só é necesario unha porcentaxe de 0,02 xornadas de enfermeiras por cada usuario autónomo ou 0,03 por cada dependente".  Por outra banda, precisan que a Orde indica que as persoas usuarias deberán ser atendidas por “Persoal Cualificado”, sen concretar o tipo de cualificación profesional. 

 

Os asinantes do comunicado sinalan que "as auxiliares e gerocultoras, teñen unha formación básica e, no caso de auxiliares, un grao medio que lles permite auxiliar á enfermeira e asear, vestir e atender dentro das súas funcións aos residentes, pero que de ningunha maneira poden substituír a estas".  A este punto añadenn que coa nova proposta "garántese que non haberá ningunha enfermeira facendo as súas funcións boa parte do día en residencias de 150 persoas".  E a isto súmanlle un contexto onde as residencias reciben pacientes psiquiátricos e nalgún caso convalecentes hospitalarios derivados do SERGAS. 

 

Como conclusión de todo o exposto, as organizacións que asinamos este escrito esiximos a dimisión da Conselleira Fabiola García Martínez na procura do benestar dos nosos maiores. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE