Dobre ofrenda floral en Santiago ante as tumbas de Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo

O cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, acolleu as ofrendas florais para conmemorar a figura de Ramón María del Valle-Inclán no 89 aniversario do seu falecemento e os 13 anos da morte de Isaac Díaz Pardo.


|

BOISACA
BOISACA


 

O cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, acolleu as ofrendas florais para conmemorar a figura de Ramón María del Valle-Inclán no 89 aniversario do seu falecemento e os 13 anos da morte de Isaac Díaz Pardo.

No acto, celebrado este domingo nunha xornada marcada pola choiva, participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, familiares dos autores e representantes da Asociación de Amigos de Valle-Inclán, entre outros.

López Campos remarcou o feito de que no cemiterio tamén repousan os restos de Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero, autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

Así mesmo, remarcou a "extraordinaria relevancia" no século XX dos dous escritores e incidiu en que "máis aló do enorme talento" hai que enxalzar a "profunda pegada humana" que deixaron entre todos os galegos.

Pola súa banda, a alcaldesa compostelá ha lembrado que os dous intelectuais "son moi importantes" para Santiago e subliñou a conexión de ambos con Castelao, que protagoniza este 2025.

Neste sentido, fixo referencia a que os dous intelectuais "comparten lugares e espazos significativos" como na Alameda, coas dúas estatuas, de ambos, sentados nun banco "mirando con calma Santiago".
 

LAUREL, POEMAS E MAZÁS PARA DÍAZ PARDO


O 5 de xaneiro de hai trece anos falecía na Coruña o intelectual, empresario e creador Isaac Díaz Pardo, a quen este ano se lle dedica o Día das Artes Galegas. Membros da Academia Real Isaac Díaz Pardo, do colectivo Alento Esbravexo, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada e particulares e amigos lembrárono neste novo aniversario cunha homenaxe no cemiterio de Boisaca, en Santiago, onde repousa moi preto do escritor Val-Inclán, con quen comparte día de morte.


 

A pesar da pouco indulxente climatoloxía, e como é xa tradicional nesta ocasión, os asistentes ofrecéronlle a Díaz Pardo as mazás evocadas no poema de Lorenzo Varela “Compañeiros dá miña xeneración mortos ou asasinados”, un dos textos que se leron no encontro, no que se compartiron poesías dedicadas ao insigne galeguista e recordos ao redor da súa persoa. Na reunión evocouse tamén a iniciativa “Unha manda de pezas para Isaac”, promovida en 2020, centenario do nacimento de Díaz Pardo, por Alento Esbravexo, que conseguiu xuntar a máis de 250 creacións artísticas en honra do ilustre cofundador de Sargadelos.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE