Condenan a DomusVi e CK SENIOR por pagar de menos a unha gerocultora nunha residencia da Xunta en Lugo
O Xulgado do Social número 1 de Lugo ditou unha sentenza favorable a unha gerocultora da Residencia de Maiores de Castro Ribeiras de Lea, un centro xestionado de forma privada por CJ Sernior Gestion e antes polo grupo Domus VIN., pero que pertence á Xunta de Galicia, Consellería de Política Social.
No fallo, recoñécese o dereito da traballadora ao cobro do plus de nocturnidade, segundo o establecido no V Convenio Colectivo do sector de Residencias Privadas de Galicia. A resolución tamén condena ás empresas adxudicatarias do servizo a abonar a cantidade de 2.965,34 €, máis os intereses correspondentes.
A residenica DomusVi é adxudicataria do contrato para a xestión do centro desde o ano 2016. A finais do ano 2022 o centro volve saír a concurso público onde DomusVi perde a adxudicación, que acaba en mans do grupo asturiano CK SENIOR. A traballadora demandou ás dúas últimas concesionarias.
A demandante, quen desempeña o seu labor neste centro de atención a maiores, denunciou que as empresas encargadas da xestión do establecemento non estaban a cumprir coa obrigación de pagar o citado plus de nocturnidade. Ante esta situación, viuse obrigada a acudir ao Xulgado do Social para facer valer os seus dereitos, coa asistencia dos servizos xurídicos de CSIF Lugo.
A sentenza considera probado que a empresa debe á traballadora as cantidades que reclamaba na súa demanda, o que reforza a postura de CSIF en canto á defensa dos dereitos laborais dos traballadores do sector.
Desde CSIF Lugo, celebrouse este fallo, xa que subliña o incumprimento por parte das empresas adxudicatarias da Residencia de Maiores de Castro Ribeiras de Lea na aplicación do Convenio Colectivo. Na súa opinión, eta resolución pon de manifesto as vulneracións de dereitos que se producen cando as empresas non respectan o estipulado nos acordos laborais.
En relación con este caso, CSIF Lugo lembrou que ten outros procedementos abertos nos xulgados da rexión para esixir o pago do plus de nocturnidade a outros traballadores do sector. Ademais, a organización sindical ha animado ao resto do persoal afectado a interpor reclamacións para garantir o cumprimento dos seus dereitos laborais.
Escribe o teu comentario