A AEMET rebaixa o nivel de alerta de vermello a laranxa en Málaga e Valencia, onde a DANA sobrevoou a zona cero
O impacto da pinga fría foi de menor intensidade que no episodio do 29 de outubro. A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) decretara o nivel vermello, pero á primeira hora da mañá rebaixouno un escalafón até o laranxa, vixente tanto en Málaga como Cádiz, Huelva e Sevilla, onde tamén se rexistraron dificultades no tráfico ferroviario.
O caso da Comunidade Valenciana era o máis preocupante polo risco de que as choivas intensas puidesen provocar aínda máis danos na zona cero da catástrofe. Con todo, foi menos lesivo.
No entanto, iso non resta importancia ás precipitacións que se rexistraron en zonas como Cullera, onde a choiva deixou máis de 80 litros por metro cadrado.
Escribe o teu comentario