A Mesa, a xuízo contra a UNED por impedir o uso do galego na universidade

O alumno afectado denuncia que a Universidade a Distsancia non quixo corrixirlle un exame por habelo escrito en galego. 


|

Uned
Uned

 

O xulgado central do contencioso administrativo vén de admitir a trámite a demanda presentada pola plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística contra a Universidade a Distancia (UNED) por, din, "vulnerar os dereitos lingüísticos dun estudante ao que non se lle corrixiu un exame" por habelo escrito en lingua galega.

 

A Universidade a Distancia deféndese alegando que os seus profesores non teñen "nin competencia nin instrumentos" para corrixir exames nun idioma distinto ao castelán e que, por tanto, "non ten deber de corrixilo". No entanto, trátase dunha universidade pública, tal e como lembra o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que considera que a UNED ten que "dar exemplo, respectando a oficialidade do galego". 

 

"Ningunha persoa que se examine en Galicia ten que ser obrigada ou coaccionada a facer un exame un castelán", sostén Maceira. A organización demanda que se recoñeza o dereito do alumno afectado e que se corrixa e puntúe o seu exame. 

 

SENTAR PRECEDENTE

Despois de ser admitido a trámite polo xulgado, o caso pode ademais sentar un precedente de face a que se "recoñeza o dereito" a "realizar todos os exames na lingua cooficial do territorio no que se examine". E é que, como inciden desde A Mesa, os propios estatutos da UNED mostran o seu compromiso de asumir "como misións fundamentais a inserción e coordinación entre os diferentes centros asociados de cada unha das Comunidades Autónomas así como o apoio ás linguas e culturas de España". 

 

"Colaborará coas Administracións Autonómicas e demais Administracións Territoriais para a difusión da lingua, a cultura e o mellor servizo aos seus cidadáns en educación superior (...) potenciará a docencia e o coñecemento das linguas oficiais españolas, tanto en España como no exterior (...) incorporará progresivamente as linguas oficiais españolas ás páxinas web e demais publicacións da Universidade, especialmente en Comunidades con dúas linguas oficiais, cuxos Centros Asociados propiciarán a convivencia enriquecedora das dúas linguas en todas as súas actividades", engade o texto onde non se fai mención á prohibición de empregar as linguas cooficiais, como xa se fixo na presentación de tese en galego, algo que suscitou controversias similares fai xa máis dunha década. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE