A Xunta non descarta ir contra o Franco se se resisten a abrir a Casa Cornide

Alfonso Rueda aposta por pór en práctica "todas as medidas" necesarias para que se cumpra a lei á que está suxeita o inmoble. 

 


|

El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta
 

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou que o Goberno galego tomará "todas as medidas" necesarias para que se cumpra a lei respecto das visitas da Casa Cornide da Coruña, propiedade da familia Franco.

"A parte que nos toca a nós é facer cumprir a lei. Se non se está cumprindo, tomaremos todas as medidas para que se cumpran", aseverou a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior á celebración do Consello da Xunta este luns.
 

Casa Cornide
Casa Cornide


Asociacións denuncian desde hase semanas a través das redes sociais que a familia Franco, propietaria do palacete, leva ao redor dun ano sen cumprir co réxime estipulado por lei para as visitas ao lugar, dada a súa protección como Ben de Interese Cultural.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE