A xuízo o veciño de Rianxo que pediu ser atendido en galego no seu centro de saúde

A Mesa pola Normalización Lingüística, que denunciou no seu día este caso que data de 2021, detalla que a vista se celebrará dentro dun mes. 


|

Medico de familia
Foto: EP

 

En virtude á Lei Mordaza, tal e como denuncia hoxe A Mesa pola Normalización Lingüística, un cidadán de Rianxo terá que presentar a xuízo o próximo 3 de xuño por reclamar ser atendido en galego. Non o fixo en calquera sitio, senón que demandou esa atención no centro de saúde da súa localidade, Rianxo, onde foi sancionado nun episodio que, agora, lévao até un xuíz. 

 

"IRREGULARIDADES"

Desde A Mesa, que se fixo eco deste suceso ocorrido en abril de 2021, denuncia as "irregularidades" do proceso, entre elas a negación da delegación do Goberno a validez das declaracións das testemuñas presentes no momento no que ocorreron os feitos e que "contradicían a versión policial". 

 

"Fai falta lembrar que os feitos sucederon nun cribado por Covid, no centro de saúde da localidade, polo que resulta comprensible que as testemuñas fosen, todas elas, veciñas", detalla a plataforma, que no seu día recomendaron ao afectado pagar a multa e recorrer a denuncia, aínda que os recursos non prosperou e o caso chega agora aos xulgados. 

 

Marcos Maceira, presidente da Mesa, interpreta que tanto as autoridades sanitarias, como a Policia Local e a Delegación do Goberno, o que pretenden é "amedrentar a calquera cidadán que manifeste intención de exercer os seus dereitos lingüísticos". 

 

CAMPAÑA DE APOIO

"Só así se explica que se admita como válido un ateigado no que a policía admite mentir a un cidadán sobre as garantías de exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos pola Lei de emprego público de Galicia, polo Estatuto básico dos empregados públicos, pola Lei de Normalización Lingüística, pola Lei orgánica de Estatuto para Galicia ou pola Carta Europea das Linguas", sostén.

 

Desde A Mesa sinalan que a organización "está a asumir os gastos da defensa deste cidadán e xa abonou a multa". "Calquera persoa que desexe contribuír pode facelo a través da web da Mesa pola Normalización Lingüística. Os fondos recadados destinaranse integramente á defensa do dereito ao uso do galego en todos os ámbitos. A Mesa informará nos próximos días das accións que levará adiante para expresar publicamente o seu apoio á persoa denunciada", conclúen.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE