Surfing The Lérez 2024: Nena Daconte, Xordana B., Camelos, Terbutalina, The Rapants, Galician Army...

O festival pontevedrés regresa os días 14 e 15 de xuño con moita música e actividades paralelas.


|

WhatsApp Image 2024 05 03 at 17.00.41
Nena Daconte, Camelos, Terbutalina e Galician Army

 

Nos últimos días reportáronse avistamentos nas inmediacións do río Lérez. Hainos que din ver un crocodilo remontando o caudal rumbo á boa vila. Só pode significar unha cousa: o festival Surfing The Lérez está ao virar a esquina. O festival pontevedrés regresa ao grande os días 14 e 15 de xuño con dous días de música na Illa do Covo, onde se darán cita algúns dos artistas favoritos do gran público, tanto a nivel nacional como do país, así como un bo número de artistas emerxentes nunha clara aposta polo talento novo. 

 

GRATIS E SOLIDARIO

Desta forma, desde a organización confeccionaron un cartel de relumbrón, gratuíto e no que podemos destacar a figuras como Nena Daconte ou Xordana B. na xornada do venres, onde estarán acompañadas de Javier Lago, Chef Creator, _Juno ou Hyden para esta XIII Edición. Os irreverentes Boyanka Kostova, Grande Amore, Amoebe e Capitol Voskov completan unha xornada onde o toque electrónico porano Galician Army, A Suprema, Meu Cariño, Neno Tribal e Djow

 

Para o sábado, será a quenda de Terbutalina, Camelos, Agoraphobia, Joe Crepúsculo, Ortiga e The Rapants. Nenos Mutantes, Meu, Lady Banana, Os Marcianos, Caldo, Futuro Alcalde e Atención Tsunami pon o lazo a esta edición, que contará cun extra de pica discos da man de Señor DJ, Baby Romeo, BB Way, Elba, Parking Dust, Gorllitox ou Mefield xunto aos DJs da Sala Karma: Fiuza, M. Lewinsky e Charlie Swamp.

 

Surfing the lu00e9rez

 

Pero non só de música aliméntase o réptil do Lérez. Por iso, propostas como o 'mercado emerxente' ou a zona gastro serán moi concorridas nunha edición que contará co 'entroido infantil' de verán para os máis pequeñso e na que se insta aos asistentes a doar comida para a campaña de recollida de alimentos que abandera o Surfing The Lérez. Unha "romaría urbana", como a define o propio Concello de Pontevedra, á que asistirán miles de festivaleros e coa que confían manter a alma solidaria do festival. Até xuño, crocodilo.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE