Pais e pacientes alertan de atrasos en psiquiatría infantil en Lugo
Hai nenos que levan tres meses tomando medicación sen que un psiquiatra lles faga seguimento alertan os afectados. A Xunta desmente tal extremo e asegura que o cadro de persoal encargado da saúde mental dos nenos da provincia de Lugo é o axeitado.

Un grupo de pais organizouse para demandar melloras no servizo e atención integral para os mozos con problemas de saúde mental no hospital público do Sergas en Lugo, o HULA.
En conreto, na atención a menores con trastornos da alimentación e problemas mentais graves, debido á suposta carencia de recursos.
Familias sinalan que, a pesar de ter medicamentos pautados, os seus fillos levan tres meses sen atención directa dun psiquiatra, dependendo exclusivamente de psicólogas clínicas. Unha denuncia presentada por trece proxenitores á Valedora do Pobo reclama unha atención "digna" para os menores con graves problemas de saúde mental.
A preocupación acentúase ao expor que estes mozos, que enfrontan trastornos alimenticios, afectivos, e risco autolítico, requiren non só tratamento sanitario senón tamén formativo.
A falta de seguimento psiquiátrico súmase á ausencia dun profesor de apoio, a pesar de figurar nos persoais tipo destes hospitais.
Á súa vez, as familias solicitan o regreso das terapias de grupo para comprender e abordar a enfermidade dos seus fillos. A supresión destes grupos e a falta de recursos xerais na provincia de Lugo é outra queixa, indica O Progreso.
Un dos pais lembra a importancia das terapias de pais que anteriormente se ofrecían unha vez á semana durante dúas horas, brindando apoio fundamental ás familias perdidas ao principio do proceso.
As queixas esténdense á falta de profesor de apoio escolar, afectando negativamente ao rendemento académico dos mozos.
#Sergas nega atrasos en atención dos pacientes que o necesitan
Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde (#Sergas) defende a atención prestada no Hospital de Día Infanto-Xuvenil do Hula, asegurando contar cos recursos necesarios. Desde a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (Eoxi) de Lugo, Cervo e Monforte, afírmase que a unidade de saúde mental conta con suficiente persoal asignado, incluíndo psiquiatras, psicólogos, traballador social, terapeuta ocupacional e enfermeiro.
O Sergas contradi as denuncias de falta de persoal, subliñando que os psiquiatras realizan seguimentos específicos cando é necesario. A institución destaca que o hospital de día forma parte do servizo de Psiquiatría do Hula, con 21 psiquiatras e 15 psicólogos clínicos, e responde as demandas de mellora coa implementación do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19.
Escribe o teu comentario