Detidas na Coruña dúas persoas reclamadas pola Interpol por un secuestro en Venezuela

Dado o "perigo" de ambos suxeitos, do seu arresto encargouse a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta. 


|

Detenidodaesh


A Policía Nacional vén de deter na Coruña a dúas persoas reclamadas pola Interpol para a súa extradición por un secuestro en Venezuela.


En concreto, segundo un comunicado difundido pola Policía, os dous homes foron localizados e detidos nos municipios coruñeses de Cambre e Culleredo o pasado día xoves.


Dado o "perigo" de ambos suxeitos, do seu arresto encargouse a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, apoiada polos Grupos Operativos de Seguridade de Galicia.


Os detidos, un español de 63 anos e un venezolano de 52, xa pasaron a disposición do xulgado central de instrución número dous da Audiencia Nacional a través do número catro da Coruña.


Ambos estaban reclamados para extradición por delitos de secuestro, extorsión e asociación para delinquir.

relacionada 22 detidos, un deles en Vigo, por difundir pornografía infantil a través de Twitter
relacionada Desmantelan unha rede de tráfico de heroína que operaba desde Galicia e Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE