O 40% cre que hai cura para o cancro pero as farmacéuticas ocúltano
A proporción de cidadáns que dá validez a conspiracións do calibre de que os virus son creacións dos gobernos ou que as empresas sanitarias reteñen a cura para o cancro é moi preocupante, segundo desvela unha nova enquisa pola Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía, F.S.P. (FECYT) co respaldo da adminsitración estatal.
O 38,8% dos galegos cre que os gobernos producen virus para controlar a súa liberdade, segundo a Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía 2024.
A taxa galega é case tres puntos inferior ao 41,6% que ten esta crenza no conxunto de España.
Ademais, o 37,6% dos galegos pensa que a cura para o cancro existe pero mantense oculta ao público por intereses comerciais, neste caso catro puntos máis que a media española (33,3%).
Igualmente, o 16,8% considera que os gobernos tratan de ocultar a relación entre as vacinas e o autismo (o 24,5% no Estado).
Esta enquisa fíxose a partir de 4.521 entrevistas en España. A distribución das entrevistas foi proporcional á poboación de cada unha das 17 comunidades autónomas. As entrevistas realizadas en Galicia foron a 257 persoas.
Na enquisa presentáronse unha serie de afirmacións relacionadas coas vacinas e outros avances científicos, baseadas en teorías da conspiración, para identificar o alcance deste tipo de discursos na opinión pública.
Cando se analiza a influencia doutras variables, apréciase que o nivel educativo e o nivel socioeconómico xogan un papel crave na aceptación de afirmacións relacionadas con teorías da conspiración. A medida que aumentan estes niveis, o grao de acordo con este tipo de crenzas diminúe.
Esta tendencia é diferente coa afirmación de que as compañías farmacéuticas ocultan os perigos das vacinas, que é compartida por unha banda significativa da poboación, independentemente do nivel educativo ou económico.
Escribe o teu comentario