Bombeiros Comarcais de Galicia insta ao Concello de Vigo a dotar servizo de medios e persoal axeitados

"Calquera intervención con vítimas mortais deixa unha ferida que se engade silenciosamente á experiencia persoal de calquera bombeiro, especialmente cando entre esas vítimas atopamos menores", advertiron


|

Policia y bomberos en el edificio de Vigo incendiado en una imagen de la CRTVG
Arquivo - Policia e bombeiros no edificio de Vigo incendiado / Foto: CRTVG

A representación do Colectivo de Bombeiros Comarcais de Galicia enviou unha mensaxe de apoio e respecto aos traballadores do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo, especialmente, indican, a aqueles que tiveron que atender a intervención do pasado mércores na rúa Alfonso X ou Sabio, en Vigo.

 

Aseguran que "calquera intervención con vítimas mortais deixa unha ferida que se engade silenciosamente á experiencia persoal de calquera bombeiro, especialmente cando entre esas vítimas atopamos menores".

 

Reivindicaron ademais que as particularidades do traballo de bombeiro requiren "máis atencións, medios e persoal, conforme os sinistros crecen no seu perigo". Fixo referencia ás particularidades de zonas como Vigo, que atenden a unha ampla densidade de poboación.

 

Así, mostraron a súa solidariedade "cos profesionais do SPEIS de Vigo, un corpo que leva mostrando o seu compromiso coa veciñanza ao que se debe desde fai máis dun século".

 

"Consentir que o Servizo de Extinción de Incendios estea a prestarse en condicións inferiores ás establecidas implica que os responsables da prestación deste servizo sexan cómplices de calquera desgraza que cunha dotación de persoal axeitada póidase evitar", lamentaron desde o Colectivo.

 

Finalizaron o seu escrito instando as autoridades do Concello de Vigo a que na maior brevidade posible "doten de persoal e medios suficientes ao SPEIS de Vigo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE