Javier Janeiro, o "Sito Miñanco da heroína" que foi detido esta pasada semana por quinta vez

O narcotraficante foi detido na localidade pontevedresa de Sanxenxo cando recibiía un alixo de 5,7 quilos de heroína


|

Javier Janeiro, Javillo, siendo detenido en Sanxenxo
Javier Janeiro, Javillo, sendo detido en Sanxenxo

A Audiencia Provincial de Ourense acollerá esta semana a vista oral para Javier Janeiro, máis coñecido como Javillo, o 'Sito Miñanco da heroína'. O acusado, segundo informou Narco Diario, ten varias condenas por tráfico internacional de heroína, en conexión moitas delas con grandes capos de Turquía.

 

O caso polo que se detivo nesta ocasión, do que Narco Diario deu conta a través dun espectacular vídeo, procede dunha operación de gran calado, pola que foi detido nunha estación de servizo de Sanxenxo. Nela foron detidos o narco galego e un home de orixe colombiana, do que recibía un alixo de heroína, ademais do resto de membros da organización, incluídos familiares directos do investigado.

 

O fiscal pediu unha pena de oito anos de prisión para o narco, que manexaba haxix e heroína, segundo indicou o Ministerio Fiscal. 'Javillo' levaba un alixo de 5,7 quilogramos no momento en que foi detido este pasado mércores. Levaba fuxido desde 2020 para evitar a condena de oito anos que recaía sobre el.

 

QUEN 'JAVILLO', O "SITO MIÑANCO DA HEROÍNA"?

Javier Janeiro Rodríguez, alias 'Javillo', é oriúndo de Vilagarcía de Arousa, aínda que fincado en Ourense , e un dos principais narcotraficantes de heroína en Galicia e no norte de Portugal. 'Javillo' comezou no tráfico de drogas nos anos 90 e desde entón foi detido en polo menos cinco ocasións. En 2021, foi detido nunha operación policial na que lle incautaron seis quilogramos de heroína. Está considerado polos especialistas do narcotráfico como un dos "grandes" dentro dos clans que moven heroína a gran escala. Segundo indican fontes policiais, toda a familia auxilia logísticamente ao patriarca nas súas actividades ilícitas.

 

No 2003 unha investigación dirixida polo xuíz Vázquez Taín, coñecido en Galicia polos casos do crime de Asunta ou o accidente do Alvia, concluíu que o narco estaba á fronte dunha das dúas bandas que por aquel entón controlaban o 60% do movemento de heroína no noroeste da Península Ibérica.

 

En 2015 volveu ser detido unha segunda vez nunha viaxe a Madrid no que transportaba un quilo de droga no seu coche ademais de 30.000 euros en efectivo. No seu garaxe en Ourense foron hayados outros seis quilos de material.

 

O material co que traballaba Janeiro estaba fornecido por provedores turcos e el mesmo daba a probar a mercadoría que saía dos seus laboratorios aos trapicheros. Segundo informa a Policía, inicialmente, compraba a mercadoría a bo prezo e vendíaa moi barata, para facer con clientes fieis e logo subirlles os prezos.

 

O último caso tivo con ver coa súa relación co turco Sadulla Unnu, un dos maiores traficantes de heroína de toda Europa, foi detido en Pontevedra con sete quilogramos de material, destinados a Javier Janeiro, quen tamén fur detido xunto a toda a súa familia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE