Así reaccionan as redes ao vídeo da 'tiktoker' viguesa que se fixo viroso
"O galego só fálao a xente de máis dentro, como máis de monte, como 'Ourense' ou Lugo", comenta a tiktoker no seu vídeo
Tiktok en Galicia está a reaccionar en masa a un vídeo. E xa son algúns os memes e reaccións que circulan na rede ao redor do mesmo. Trátase dun vídeo da 'tiktoker' viguesa Evita Camila (@camievita), que conta con case 800.000 seguidores en Tiktok e máis de 7.600 en Instagram.
Este vídeo, que xa conta con ao redor de 175.000 reproducións, en resposta a un comentario dun usuario que lle pedía que falase en galego, xa que lle gustaba moito a súa voz. A contestación en vídeo que publicou na súa conta foi a encargada de sementar a polémica.
Despois de dicir un par de frases en galego, engade: "É que a min non se me dá ben falar en galego, só fálao a xente de pobo, de sitios máis dentro, como máis de monte, como 'Ourense' ou Lugo". Finalizou o seu comentario argumentando que "Vigo é unha cidade máis 'metropolita', e a xente non fala tanto galego".
As respostas ao seu vídeo non tardaron en chegar, facer ver non só en TikTok, senón tamén noutras redes. Algunhas dela dicían comentarios como: "Manda truco, miña nena! A xente do pobo, como ti dis, non será cosmopolita, pero é bilingüe. Viva a nosa lingua!" ou, chanceando sobre as luces de Vigo, "Para que en Vigo apagaron luces de máis". Algún mesmo aproveitou para citar a Castelao: "#Ser galego é por obra e graza do idioma. Un saudiño dende Ourense".
REACCIÓNS EN TWITTER
En Twitter algún usuario fixo referencia a Omar Montes e a súa visita a Ourense: "Ademais teneis un par de cousas en común. Os dous dicides 'Ourense' e sodes 'metropolitas'".
Tamén na rede do paxaro azul han feito referencia a Castelao, concretamente a unha das súas ilustracións.
Escribe o teu comentario