A CIG volve convocar aos traballadores da Seguridade Privada a unha nova “marcha pola dignidade”

Tras a manifestación celebrada o pasado 27 de setembro en Santiago, o sindicato volve chamar aos traballadores para participar nunha caravana de coches en Lavacolla o 5 de outubro.

 


|

Tras a manifestación celebrada o pasado 27 de setembro en Santiago, o sindicato volve chamar aos traballadores para participar nunha caravana de coches en Lavacolla o 5 de outubro. 

 

Sen avances nas negociacións por un convenio para o sector, desde a CIG ameazan con ir á folga e "paralizar as infraestruturas do país". 

 

Seguridade Privada
Seguridade Privada | Foto: CIG

 

O sector da Seguridade Privada atravesa un momento difícil, e proba diso son os moitos conflitos e manifestacións que se están rexistrando en Galicia e no reto do territorio nacional. Un claro exemplo é que, apenas unha semana despois de que vixiantes de seguridade procedentes de distintos puntos de Galicia marchasen o pasado 27 de setembro polas rúas de Compostela acudindo á chamada da CIG, o sindicato volve reclamar a súa presenza o próximo 5 de outubro con motivo dunha nova concentración na capital galega. 

 

CARAVANA EN LAVACOLLA

Nesta ocasión, a CIG cita aos traballadores para protestar nun roteiro en coche, que arrincará ás 17 horas na rotonda do restaurante ‘Casa Lorenzo’, en Lavacolla. A protesta chegará ata o aeroporto compostelán nun roteiro que terminará 2 horas despois, calculan, no punto de saída.

 

Baixo lemas como ‘Convenio xusto e con dereitos’ ou ‘Tanto traballar para case non cobrar’, o sindicato espera repetir o éxito de asistencia do pasado martes, cando protagonizaron unha multitudinaria manifestación en Santiago. 

 

CAMIÑO DA FOLGA XERAL?

Este venres os sindicatos reúnense coa patronal para tratar de avanzar nas negociacións por un convenio digno para os traballadores, despois dun intercambio de propostas que PedroPérez, representante da CIG na mesa de negociación, tachou de “insuficientes”.

 

Xa o martes o sindicato galego deixou clara a súa folla de roteiro: ou hai acordo pronto ou o seguinte paso será unha folga xeral do sector. “Se queremos de verdade cambiar as cousas”, alertan, a resposta debe ser “paralizar as infraestruturas do país: aeroportos, rede ferroviaria, administracións, comunicacións, centros penais, o sistema bancario e os principais sectores produtivos”. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE