Case un centenar de casos activos máis levan a Galicia a rexistrar o seu maior repunte de Covid nun mes

Os datos desta xornada na comunidade son os peores desde o 26 de agosto no referido aos casos activos. O repunte de casos, con 98 máis en apenas 24 horas, deixa un saldo de 1.546 casos na comunidade nestes momentos, polo que retrocedemos ao 2 de setembro, momento no que había tantos ou máis casos activos. O fondo, ata o de agora, foron os 1.191 casos do día 11.


|

Os datos desta xornada na comunidade son os peores desde o 26 de agosto no referido aos casos activos. O repunte de casos, con 98 máis en apenas 24 horas, deixa un saldo de 1.546 casos na comunidade nestes momentos, polo que retrocedemos ao 2 de setembro, momento no que había tantos ou máis casos activos. O fondo, ata o de agora, foron os 1.191 casos do día 11. 

 

No seu conxunto os demais indicadores están a deixar cifras pouco alentadoras, salvo no referido aos hospitalizados. Hoxe soben, é certo, con dous pacientes máis en planta, pero as UCI só contan con dous enfermos, un menos desde onte. O esperado repunte na presión hospitalaria non chega por fortuna e haberá que estar moi atento ao comportamento da pandemia a próxima semana, sobre todo agora que chega o outono. 

 

 

A incidencia acumulada a sete días baixa hoxe unhas décimas, apenas un 0,3, pero mantense nos 33 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a bisemanal repunta, pero tamén unhas décimas, polo que se mantén os 60 casos por cada 100.000 habitantes.

 

O dobre da incidencia a 7 días é un pouco máis baixo que a incidencia a 14 días. A razón de taxas é de 1,09  -baixa un 0,2 en 24 horas e segue dando pequenos saltos e pequenos descensos-, por tanto na última semana houbo un 9% de positivos máis que na penúltima. 
 

 

A taxa de positividade queda nesta ocasión en 13,34%. Este apartado rexistrou descensos significativos nos últimos días, a pesar de que o número de contagios mantense estable. Hoxe son 130 os novos positivos notificados, once menos se o comparamos cos datos de onte. A positividade media, o dato máis relevante neste sentido, cae ata o 13,15%, a mellor cifra desde marzo, xusto ao comezar co proceso de gripalización. 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O aumento de hoxe é o maior de todo o mes de setembro e porcentualmente é unha subida 6,77%, pero se abrimos o foco, vemos que en só catro días sumáronse 234 casos activos desde o último descenso, o do luns, precisamente tamén de 98 casos. 

 

O indicador que máis nos importa nestes momentos, a media móbil a 7 días, segue en fase negativa. Con todo, a variación de hoxe non se percibe neste indicador, que se mantén fixo no 1,37%. Neste contexto, os casos activos seguirán subindo nos próximos días. 

 

 

DATOS POR ÁREAS

A Coruña encabeza nesta ocasión a clasificación de áreas con máis novos positivos. Son 27 nesta ocasión, seguida de Lugo, con 22, e Ourense, con 21. A área auriense permanece como a máis afectada, con 283 casos activos, pero as subidas dos últimos días fixeron que a área coruñesa gañe terreo, con 270 casos activos nestes momentos. 

 

Lugo é a terceira, con 249, seguida de preto por Vigo, con 243 casos tras anotar 19 contagios. Santiago, con 18, Pontevedra, con 16, e Ferrol, con apenas sete contagios, pechan a lista esta xornada. 

 

CAMBIOS DE MÉTODO  

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • Os datos seguen sendo malos, pero ao contrario de en outras ondas, o empeoramento é sostido e non fulgurante. Ata a data, nada fai indicar que se poida rexistrar unha explosión de contagios como ocorreu no pasado. Ademais, os hospitais están a resistir o aumento de casos activos sen maiores problemas. 
  • A semana que vén pode ser clave, xa que ou ben podemos atoparnos cun aumento progresivo ou, pola contra, manter a moderada estabilidade destes días. De ser así, o principal cambio poderiamos velo esta fin de semana, momento no que, por costume, aumentan as altas e esborrállanse os casos activos, os contagios e mesmo os hospitalizados.  
  • Os hospitais, como diciamos, non revisten maior preocupación nestes momentos. Hai 112 camas ocupadas nas áreas destinadas á atención de pacientes con Covid -dúas máis en 24 horas-, mentres que as UCI perden un paciente, quedándose en dúas camas ocupadas por enfermos de coronavirus.

 

 

  • Pola outra banda, a media de decesos establécese en pouco menos dun falecido ao día nestes momentos. Nesta ocasión o SERGAS notifica un falecido desde a última actualización. En total son 3.906 vítimas oficiais segundo as contas da Xunta desde o estalido da crise sanitaria.
  • Con todo, os niveis de transmisión son apreciables, como proba que xamais conseguísemos baixar dos 100 hospitalizados en planta por covid, aínda que nestes momentos estamos preto. Con todo, nada teñen que ver coas masivas ondas de primavera e principio de verán, que provocaron momentos de máis de 900 hospitalizados por covid.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE