A Deputación da Coruña entrega a Ucraína catro ambulancias para facer fronte á guerra

Ucraínos en Galicia pediron a Serhii Pohoreltsev, embaixador ucraíno en España, unha "recepción dos cidadáns" para axudalos cos trámites e a súa documentación


|

Entrega das catro ambulancias ao embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, na praza do Obradoiro
Entrega das catro ambulancias ao embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, na praza do Obradoiro

O embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, considerou ao Goberno español e aos españois como "amigos e socios" polo apoio que brindou ao seu país de orixe fronte á invasión rusa.

 

Destacou as relacións con España e "espera poder" estendelas tanto ao ámbito económico como comercial. Deu así "a posibilidade ás compañías españolas de participar na reconstrución de Ucraína", indicou.

 

O embaixador agradeceu desta maneira o apoio do Goberno central a Ucraína por dar a "acollida cálida aos ucraínos que foron forzados a saír do país". Engadiu tamén que "hai 136.ooo ucraínos que teñen acollida da protección temporal e reciben todo tipo de apoio".
 

ENTREGA DE AMBULANCIAS

Estas palabras do embaixador ucraíno foron pronunciadas hoxe na Praza do Obradoiro de Santiago nun acto no que estiveron presentes Xosé Sánchez Bugallo, alcalde compostelán, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. Neste acto entregouse ao embaixador catro ambulancias que prestarán servizo á poboación ucraína durante a guerra.

Coa entrega destes vehículos sanitarios, sinala Formoso, han cumplico cunha petición que o propio embaixador fíxolle "hai uns meses" nunha reunión levada a cabo na embaixada ucraína en Madrid.

 

O presidente da Deputación remarcou que as ambulancias "van ter un segundo uso no país", ao que desexou que "en breves poida volver á paz".

Así mesmo, Formoso fixo referencia ao compromiso de solidariedade, ante o que manifestou que "todas as forzas políticas de Galicia sen ningún tipo de ambigüidade están en contra desta guerra".

 

O embaixador ucraíno agradeceu pola súa banda a entrega das ambulancias e lamentou que o Goberno de Putin "segue atacando", sinalizando que os ciudadabnos ucraínos deben "seguir resistíndose".
 

PETICIÓNS DOS UCRAÍNOS

Ao finalizar o acto, unha cidadá ucraína afincada en Santiago pediu ao embaixador "un día para organizar a recepción dos cidadáns ucraínos" en Galicia e poder axudalos coa documentación que requiren. A muller sinalou así mesmo que "hai familias que viven en Galicia, non teñen ningunha documentación e necesitan facer o pasaporte aquí"

 

Relatou que para realizar este tipo de trámites é necesario que se despracen á embaixada en Madrid. Con todo, apunta, en Galicia hai "60 familias de ucraínos" que viven en pobos onde "non hai ferrocarril" ou que "teñen dificultade para desprazarse porque teñen nenos pequenos que non poden deixar sós".

 

O alcalde de Santiago accedeu ás peticións da cidadá e indicou que se poñerá en contacto con ela para poder organizar esa recepción.

Tras o acto na capital galega, o embaixador visitou, xunto ao presidente da Deputación o IES Rosalía Mera de A Coruña, o centro habilitado na provincia para aloxar a refuxiados. Actualmente, nela atópanse 31 persoas acollidas das cales, sete son menores, segundo cifras da institución provincial.

 

Unha vez concluído este acto, o embaixador realizou unha visita, xunto ao presidente da Deputación, ao IES Rosalía Mera de A Coruña, o centro habilitado na provincia para aloxar a refuxiados. Nese momento atópanse 31 persoas acollidas nela, das cales sete son menores, segundo cifras da institución provincial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE