A nova lei audiovisual, a debate na USC cunha xornada en torno ao texto e a lingua
O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o día 15 unha xornada de debate sobre a nova lei do audiovisual, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais.
O próximo 15 de setembro celebrarase unha xornada de debate coa intervención de organizacións como A Mesa pola Normalización Lingüística e investigadores.
Outras organizacións, procedentes doutras autonomías, participarán no debate.

O auditorio de a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o día 15 unha xornada de debate sobre a nova lei do audiovisual, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais.
A mesma contará coa intervención de representantes das principais entidades de defensa das linguas minoritarias do Estado, que falarán do audiovisual "como un sector estratéxico desde o punto de vista lingüístico", apuntan desde A Mesa pola Normalización Lingüística sobre o contido.
Margarita Ledo, coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, abrirá unha xornada na que, entre outros, tamén intervirán a investigadora e docente Antía López e o profesor da Universidade do País Vasco, Ramón Zallo.
Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística; Francesc Marco Palau, da Plataorma Per a Llengua, e Paul Bilbao, de Kontseilua, abordarán as demandas feitas desde Galicia e outras autonomías. Será ás 12,00 horas nunha sesión sobre diversidade lingüística e lei do audiovisual.
Escribe o teu comentario