O Colexio de Médicos de Pontevedra aplaude os cambios na xerencia da súa área sanitaria

O Colexio de Médicos de Pontevedra mostrou a súa satisfacción e aplaudiu os cambios na xerencia da área sanitaria


|

Hospital Pontevedra
O Colexio de Médicos de Pontevedra aplaudiu os cambios da gerenecia da área sanitaria

O Colexio de Médicos de Pontevedra mostrouse satisfeito cos recentes cambios na xerencia da área sanitaria, que cualificou de "imprescindibles". "Trataremos de confiar en que os problemas sanitarios que nos aburan sexan resoltos con eficacia e co consenso dos traballadores implicados que, ata o de agora, non se tiveron en conta", indican nun comunicado.

Os facultativos pontevedreses censuran o "trato vejatorio recibido por parte da Consellería de Sanidade e, especialmente, pola xerencia do área sanitaria de Pontevedra". "Afortunadamente, continúan, foi cesada tras anos dunha xestión, ao noso entender, moi deficiente. A falta de empatía e as formas de tratar aos seus traballadores era, cando menos, reprobable", continúan.

Lembran tamén o seu ben "máis prezado": os profesionais, que levan traballan durante tempo "en condicións penosas" e "sen que o seu esforzo sexa recoñecido".

O Colexio de Médicos considera que a distorsión na atención aos pacientes foi "aceptada" polos xestores autonómicos como parte dun problema "que de ningún modo parece ser da súa competencia ou responsabilidade, escudándose en razóns estruturais das que pretenden ser alleos".

Os médicos apuntan para o efecto que tivo a "expulsión" na década pasada de profesionais con argumentos económicos. Afirman que estes argumentos "non se sosteñen, provocando un malgasto de talento intolerable". "A isto sumouse a incapacidade do SERGAS para fidelizar a aqueles especialistas formados nos últimos anos como consecuencia da precariedade dos contratos ofertados", explican.

Por último, inciden en censurar o comportamento da antiga xerencia da área sanitaria cos seus profesionais e co nomeamento "arbitrario" de coordinadores de servizo, "que os tribunais de Galicia tiveron a ben revogar". "Inquiétanos que esta forma de proceder instalouse nesta área sanitaria sen que ao parecer produza ruborizo a ninguén", conclúen no seu comunicado.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE