A Audiencia pode condenar até con 11 anos de cárcere á banda que introducía droga en Pontevedra

Durante a investigación dos feitos atopáronse máis de 500 plantas de cannabis en diferentes naves


|

Cannabisporro
Arquivo - Algunhas das tarefas da banda eran o coidado e cultivo de distintas plantacións de cannabis

A sección segunda das Audiencias Provincial de Pontevedra xulgará a partir do próximo luns, 21 de novembro, e até o vindeiro venres, día 25, ao once compoñentes que formaban unha banda dedicada a introducir droga na provincia de Pontevedra.

 

A Fiscalía pide para os acusados entre 4 e 11 anos de prisión, ademais do pago de multas económicas que oscilan entre os 100.000 e os 600.000 euros pola suposta comisión de varios delitos contra a saúde pública.

 

Tal e como recolleu o Ministerio Fiscal no seu escrito de acusación, os feitos remóntanse a 2016, cando cinco dos acusados realizaban unha actividade sostida, e entre todos estruturada, con encomenda de tarefas particularizadas a cada un deles, para o coidado e explotación de distintas plantacións de cannabis. Durante a investigación atopáronse máis de 500 plantas en diferentes naves.

 

En 2018 púidose coñecer que dous dos investigados concertarían a adquisición dunha partida de haxix para introducilo en Pontevedra e comercializalo aí. Para iso, contaban coa axuda doutros dos acusados. Ese mesmo ano, a banda tamén levaría a cabo outros labores para introducir heroína na provincia.

 

Catro anos e seis meses de prisión, xunto cunha multa de 350.000 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento de tres meses, é a cantidade que pide a Fiscalía, por delito contra a saúde pública. Ademais, polo delito de integración en grupo criminal, pide tamén un ano de cárcere.

 

A Fiscalía tamén pediu catro anos e seis meses de prisión para outras tres persoas acusadas, ademais dunha multa de 550.000 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento de catro meses, por delito contra a saúde pública.

 

Para outros dous acusados, Fiscalía pide nove anos de prisión e unha multa de 600.000 euros polo delito contra a saúde pública e dous anos de prisión polo delito de integración en grupo criminal.

 

Ademais, o fiscal pide para un último acusado catro anos e seis meses de prisión e unha multa de 100.000 euros por delito contra a saúde pública.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE