A detención de Rodrigo Duterte pode impulsar o caso polo asasinato de Diego Bello
O expresidente de Filipinas, Rodrigo Duterte, foi arrestado o pasado 11 de marzo no Aeroporto Internacional de Manila tras a orde do Tribunal Penal Internacional. A Corte estima que o mandatario cometeu crimes de lesa humanidade na súa cruzadas contra as drogas. A súa influencia no aparello policial filipino, clave para explicar o asasinato a sangue frío do empresario galego.
“Cal é a lei que violei? Que crime cometín?”, preguntou Duterte mentres era trasladado á base aérea de Villamor.
Bryony Lau, subdirectora para Asia de Human Rights Watch (HRW), cualificou a captura como “un paso fundamental cara á rendición de contas en Filipinas”.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress .
Escribe o teu comentario