Israel comprométese a cumprir cos prazos para a entrega de reféns e o cesamento do fogo
Benjamín Netanyahu confirma, despois dun día de bombardeos sobre Gaza que deixou decenas de feridos xusto despois do anuncio o principio de acordo para o cesamento do fogo na Franxa, que o pacto con Hamás para o cesamento do fogo o vindeiro domingo cumprirase. Isto non significa, a pesar de todo, que se asine a paz entre as partes.
"O Estado de Israel está comprometido a lograr todos os obxectivos da guerra, incluído o regreso de todos os nosos reféns, tanto os vivos como os mortos", declarou o Executivo sionista nun comunicado.
O propio Netanyahu afirmou que Hamás estaba "a renegar dos entendementos e creando unha crise a última hora que impide un acordo".
Escribe o teu comentario