A tensión en Oriente Próximo alcanza o seu punto límite tras as explosións de buscas en Líbano
O número de mortos, segundo algunhas informacións, rolda a ducia, mentres que os feridos se contan por miles. A detonación dos aparellos de comunicación afectou a militantes de Hezbolá, guerrilla que puxo a Israel baixo o seu punto de mira despois deste episodio, considerando que son os servizos de intelixencia sionistas os que se atopan detrás desta complexa operación.

Nun momento no que a crise na Franxa de Gaza está a piques de cumprir un ano desde o inicio das hostilidades, tras o ataque terrorista de Hamás sobre poboación israelí, a tensión increméntase tras este suceso.
As autoridades de Líbano e Siria recalcan a urxencia de atender aos afectados polo "gran número de feridos debido ao que parece ser unha explosión de buscapersonas que as vítimas tiñan no seu poder".
Escribe o teu comentario