Un ataque sobre Rafah sería "unha auténtica catástrofe humanitaria", asegura Borrell
O Alto Representante da Unión Europea para Política Exterior, Josep Borrell, é un dos mandatarios que máis apostou desde un primeiro momento por unha solución diplomática que acabe coa perda de vidas civís en Gaza. Agora mesmo, en Rafah concéntrase a inmensa de palestinos desprazados ao sur da Franxa desde o inicio do conflito a principios de outubro.
Nese sentido, e depsués do ataque iraniano repelido polo sistema antimísiles de Israel, Borrell insiste en que un ataque en Rafah suporía unha tremenda crise humanitaria.
"Se se produce un ataque contra Rafah, con 1,7 millóns de persoas amontoadas nas rúas, será unha auténtica catástrofe humanitaria. O chamamento a Israel foi moi claro por parte do propio presidente de Estados Unidos, Joe Biden e de todos os líderes europeos: Non ataquen Rafah".
Escribe o teu comentario