Informe SEPBLAC: Jácome ingresou 850.000 € privados mentres cobraba dedicación exclusiva á alcaldía
O sumario do proceso xudicial contra o alcalde de Ourense inclúe un informe do Sepblac (Servizo executivo da comisión de prevención do branqueo de capitais) que foi filtrado á prensa. Segundo este documento, Gonzalo Pérez Jácome ingresou máis dun millón de euros nunha conta persoal, dos cales só unha minoría procede do seu soldo como alcalde, que cobra en réxime de dedicación exclusiva e sen solicitar a obrigada compatibilidade con actividades privadas.
O Sepblac cuantifica en 1,02 millóns os ingresos en cinco anos, incluídos 236.000 o soldo como edil e 104.000 as achegas propias. O resto procedería de ingresos por actividades particulares: 850.000 euros procedentes da xestión das súas numerosísimos pisos incluídos - e aquí reside o problema para o político - 424.000 euros que o seu partido, Democracia Ourensá, pagou en concepto de publicidade á súa televisión, Auria TV.
A liña argumental de defensa de Jácome sempre foi que é legal que DO destine o diñeiro onde mellor estime oportuno, neste caso unha televisión local da súa propiedade. Até agora as acusacións por este flanco foron arquivadas.
O problema para Jácome xurdiu esta primavera, non por desviar fondos de DO a Auria TV, senón por non solicitar no Concello a compatibilidade que esixe a lei para os alcaldes que, cobrando unha dedicación exclusiva das arcas públicas, queiran compatibilizar o soldo municipal con actividades privadas, que non sexan a mera xestión do seu patrimonio, como poden ser alugueres polos seus numerosísimos pisos.
Ese é o flanco que lle supuxo ao alcalde que a Xustiza lle abra unha investigación por prevaricación, tras unha denuncia dun ex-concelleiro de DO, Telmo Ucha.
O que fai o informe do Sepblac de hoxe é pór cifras a todo este transvasamento de diñeiro.
Onde foi o millón de euros que entra nas contas do alcalde? Ademais de 30.000€ nun cheque a favor dun concelleiro, constan pagos de 210.000 euros polo aluguer da licenza de Auria TV á sociedade UTEGA/Localia, que é a titular da concesión administrativa. O problema para Jácome é que hai transferencias de 713.000 “desde esa mesma conta cara a outras particulares súas ou cara ao seu propio patrimonio persoal”, segundo detalla A Rexión.
Jácome: Pero estas historias non estaban arquivadas?
Galiciapress púxose en contacto con Democracia Ourensá para publicar a reacción de Jácome, sen obter contestación do político, quen si se pronunciou a través das súas redes sociais: “Pódese denunciar polo mesmo cada ano? Pero estas historias non estaban arquivadas?”.
O político refírese a que efectivamente as causas por usar o diñeiro público que ingresa DO para Auria TV foron arquivadas. Os xuíces déronlle a razón.
O seu problema xudicial, con todo, é outro, o de non solicitar a compatibilidade a pesar de que foi advertido, mesmo pola fiscalía, de que debía facelo.
Case pisos en propiedade
O outro flanco xudicial que se lle pode abrir ao alcalde cos datos publicados hoxe é o das súas declaracións de transparencia, que por certo non figuran nas webs do Concello nin da Deputación.
Segundo A Rexión, o político ocultou baixo unha xenérico herdanza nas súas últimas declaracións moitos inmobles urbanos, mesmo antes de recibir a herdanza tras o falecemento da súa nai. Na actualidade tería en propiedade 19.
Jácome recorreu o auto de acusación ante a Audiencia Provincial.
Escribe o teu comentario