A familia de Pomba Lago suspende Equiocio tras a denuncia de abuso sexual contra o conselleiro
Algunhas fontes apuntaron que foi neste evento hípico onde se coñeceron Alfonso Villares e a ex-presentadora.
Equiocio, evento ecuestre promovido pola familia da presentadora ferrolá Pomba Lago, remitiu un comunicado aos medios para confirmar que apraza a súa actividade ambiental prevista para este venres, debido ao "contexto mediático que está a vivir a organización", tras coñecer que Pomba Lago presentou unha denuncia contra o exconselleiro do Mar, Alfonso Villares, por unha presunta agresión sexual.
Así o trasladou a organización do certame ecuestre e social que acolle cada verán a parroquia ferrolá de Covas, e de cuxa organización se encarga a familia de Pomba Lago, cos seus irmáns Federico e Ana Pérez Lago, como máximos responsables. "Por cuestións alleas á súa actividade, Equiocio tomou a decisión de aprazar a xornada medioambiental prevista para este venres na contorna do río Xunto, en Esmelle", sinalaron.
A organización sinalou que "esta medida foi acordada coas entidades do ámbito socio-sanitario que integran Equiocio Social, cuxa participación estaba prevista". Ademais, lamentou "as posibles molestias que poidan derivar desta decisión" e agradece a comprensión, "coa confianza de poder retomar a iniciativa a curto prazo".
Escribe o teu comentario