Tras dimitir como conselleiro por mor dunha denuncia por agresión sexual, o exalcalde de Cervo reincorporouse ao seu posto de traballo como veterinario dependente do servizo da Consellería do Medio Rural. Un xulgado ferrolán arquivou o caso e a semana pasada a decisión foi ratificada pola Audiencia Provincial. O seu superior confirmou que se el quere faralle un oco no executivo.
"Imos ser respectuosos co que diga desde o principio até o final", convida o mandatario.
Despois un verán afastada do foco mediático despois da súa denuncia por abuso sexual contra o ex-conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a presentadora ferrolá Paloma Lago retoma a súa axenda profesional.
O acusado Alfonso Villares compareceu onte ante a prensa para dar a súa versión, sen admitir preguntas e sen entrar en detalles da súa relación coa presentadora. Lago optou por non facer declaracións, aínda que si hai persoas da súa contorna que falaron cos medios.