Despois un verán afastada do foco mediático despois da súa denuncia por abuso sexual contra o ex-conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a presentadora ferrolá Paloma Lago retoma a súa axenda profesional.
O acusado Alfonso Villares compareceu onte ante a prensa para dar a súa versión, sen admitir preguntas e sen entrar en detalles da súa relación coa presentadora. Lago optou por non facer declaracións, aínda que si hai persoas da súa contorna que falaron cos medios.