A directora de informativos Concha Pombo, próxima directora da CRTVG, salvo sorpresa

O Partido Popular, con maioría parlamentaria, propón a María Concepción Pombo Romero para dirixir o ente público. Os conservadores, grazas á recente e polémica reforma das normas dos medios públicos, poden escoller directora por maioría simple, cando antes era por maioría cualificada. Isto implica que, en última instancia, o PP poderá nomear a Pombo, opinen o que opinen as forzas da oposición.


|

Archivo - El director xeral de la CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, en comisión
Arquivo - O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, en comisión

 

O PPdeG rexistrou o nome da xornalista Concepción Pombo Romero como proposta do grupo maioritario da Cámara autonómica para dirixir a #CRTVG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), tras a recente lei aprobada na Cámara autonómica para regular os medios públicos). A presidenta do Comité Intercentros xa criticou a probable designación

As formacións con representación na Cámara galega tiñan até as 10,00 horas deste martes, día 13 de marzo, para presentar as súas propostas co nome da persoa pola que apostan para ostentar a dirección xeral dos medios públicos de Galicia.
 


Segundo puido saber Europa Press, o PPdeG fíxoo apenas dez minutos antes de que se pechase o prazo e opta por unha xornalista ligada aos medios públicos autonómicos.

Ás 10,30 horas do martes está convocada a reunión da Mesa do Parlamento, na que se dará conta destas propostas. Todo iso nunha xornada na que se fixou para as 13,00 horas a Mesa da Comisión de control da CRTVG, que fixará a orde do día da propia comisión na que se debaterán as propostas.
 


No proceso de elección da nova dirección dos medios públicos, o PPdeG mantivo o pasado martes, día 6 de marzo, un primeiro contacto cos grupos da oposición; unhas conversacións que se repetiron este luns sen que llas formacións deixen ver un achegamento entre as súas posturas para pechar un consenso.
 

Concha Pombo en un acto de la Asociaciu00f3n de la Prensa de Madrid
Concha Pombo nun acto da Asocaición da Prensa de Madrid

QUEN ES CONCEPCIÓN POMBO?

A xornalista proposta polos populares, coñecida profeionalmente como Concha Pombo, é a directora da Área de Información e Documentación da cadea, ademais foi o editora xefe dos informativos. Trátase dunha das áreas centrais da organización na corporación, pois dela depende en gran medida a preparación, o arquivo e a xestión dos contidos informativos tanto da televisión pública como da cadea de radio galega. 

 

Trátase, por tanto, dunha profesional de ampla traxectoria na cúpula de San Marcos. Así as cousas, o seu nomeamento é improbable que acougue aos que acusan á CRTVG de ser unha correa de transmisión da propaganda do Goberno do PP na Xunta.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE