A xornalista Concepción Pombo, próxima directora da CRTVG salvo sorpresa
O Partido Popular, con maioría parlamentaria, propón a María Concepción Pombo Romero para dirixir o ente público.
O PPdeG rexistrou o nome da xornalista Concepción Pombo Romero como proposta do grupo maioritario da Cámara autonómica para dirixir a #CRTVG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), tras a recente lei aprobada na Cámara autonómica para regular os medios públicos).
As formacións con representación na Cámara galega tiñan até as 10,00 horas deste martes, día 13 de marzo, para presentar as súas propostas co nome da persoa pola que apostan para ostentar a dirección xeral dos medios públicos de Galicia.
Segundo puido saber Europa Press, o PPdeG fíxoo apenas dez minutos antes de que se pechase o prazo e opta por unha xornalista ligada aos medios públicos autonómicos.
Ás 10,30 horas do martes está convocada a reunión da Mesa do Parlamento, na que se dará conta destas propostas. Todo iso nunha xornada na que se fixou para as 13,00 horas a Mesa da Comisión de control da CRTVG, que fixará a orde do día da propia comisión na que se debaterán as propostas.
No proceso de elección da nova dirección dos medios públicos, o PPdeG mantivo o pasado martes, día 6 de marzo, un primeiro contacto cos grupos da oposición; unhas conversacións que se repetiron este luns sen que llas formacións deixen ver un achegamento entre as súas posturas para pechar un consenso.
QUEN ES CONCEPCIÓN POMBO?
A xornalista proposta polos populares é a directora da área de información e documentación da cadea, que ademais foi o editora xefe dos informativos. Trátase dunha das áreas centrais da organización na corporación, pois dela depende en gran medida a preparación, o arquivo e a xestión dos contidos informativos tanto da televisión pública como da cadea de radio galega.
Escribe o teu comentario