PPdeG: Galicia verase "afectada" polo "colapso" de xulgados coa nova lei de eficiencia xudicial

Os 'populares' concretaron que, no caso dos xulgados de Vigo e da Coruña, a aplicación da nova lei levará a "asunción dun centenar de casos máis ao ano en cada un deles"


|

La senadora gallega Pepa Pardo
 

O PPdeG denunciou que Galicia será a cuarta comunidade "máis afectada" polo "colapso" derivado da entrada en vigor da nova lei de eficiencia xudicial que "incrementará en máis dun 18%" a carga de traballo nos xulgados de violencia sobre a muller.

Así o advertiron nun comunicado, no que fixeron referencia aos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial e que, segundo os populares galegos, apuntan a que "esta sobrecarga de traballo en Galicia será mesmo superior á da media nacional".

Neste sentido, concretaron que, no caso dos xulgados de Vigo e da Coruña, a aplicación da nova lei levará a "asunción dun centenar de casos máis ao ano en cada un deles".

Para o PPdeG é inadmisible que, esa "sobrecarga de traballo", repercuta "negativamente" na loita contra a violencia de xénero e acusan directamente ao PSOE e ao BNG de votar a favor desa lei "a pesar das súas consecuencias".

"Primeiro sacaron á rúa aos agresores sexuais e agora pretenden desproteger aínda máis ás vítimas privándoas dun sistema xudicial eficaz para atopar saída á tiranía da violencia", criticou a senadora do PP por Pontevedra e portavoz de Xustiza do Grupo Popular no Senado, Pepa Pardo.

Así mesmo, afeou aos socialistas e nacionalistas que ademais de "votasen en contra da toma en consideración" dunha proposición de lei presentada polo PP no Congreso para "reverter esta situación".

Pepa Pardo anunciou que volverán levar esa mesma iniciativa ao Senado e convidou "aos socialistas e aos independentistas a estar á altura da circunstancia e rectificar a súa postura polo ben das vítimas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE