O delegado do Goberno destaca a Castelao como "patrimonio de todos os galegos"
Pedro Blanco destacou que Castelao "loitou pola democracia" e por buscar unha sociedade "máis igualitaria" e alertou sobre as "ameazas" á cultura e ao idioma galego polo "descoido" das institucións que "deben velar por el e que prefiren mirar para outro lado"
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, participou este sábado nun acto homenaxe a Castelao en Rianxo no que reivindicou a figura do intelectual como "patrimonio de todos os galegos e galegas". Así, sinalou que divulgar o seu legado é a "mellor forma" de renderlle homenaxe".
Nesta liña, destacou que Castelao "loitou pola democracia" e por buscar unha sociedade "máis igualitaria" e alertou sobre as "ameazas" á cultura e ao idioma galego polo "descoido" das institucións que "deben velar por el e que prefiren mirar para outro lado".
A este respecto, lembrou as palabras do político e intelectual rianxeiro que dicía que "un pobo sen cultura é un pobo escravo" e incidiu en que o Goberno "saldou" con Castelao "parte unha enorme débeda" ao recoñecer a súa figura dedicándolle a homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura no ano 2023.
Con todo, a Delegación fixo fincapé nunha nota de prensa en que Castelao foi un home que "desde a política e a creación artística e literaria traballou coa mirada no ben común" e co obxectivo de "mellorar a vida das persoas, de todas".
Escribe o teu comentario